O CD de A Pobra do Brollón abriu as súas portas no ano 2009. Está ubicado no sur da provincia de Lugo, forma parte da Ribeira Sacra e limita tamén ca Serra do Caurel. Está ubicado na estrada principal do pobo e fronte a el se atopa o CEIP de Pobra do Brollón co cal compartimos moitas actividades e experiencias interxeneracionais que nos enriquecen. A principal característica que nos define é o noso trato cercano, somos persoas abertas, gustanos conversar e dedicar moitos momentos a tertulias, xogar o bingo, pasear polo noso patio e coidar da nosa horta en primaveira-verán, para despois comer uns bos tomates. Entre as nosas tradicións e celebracións sempre están o Magosto, San Xoan, Entroido, Nadal cas Familias, entre otras festas e encontros con outros centros de maiores. Tamén nos gusta sair de excursión a coñecer sitios novos da contorna, e disfrutar dunha comida ou merenda ó aire libre.

As persoas que forman actualmente o noso equipo de traballo son as seguintes: Mónica Saco López, Xerocultora M.ª Jesús Rodríguez Cabo, Xerocultora Cristina Pérez Díaz, Xerocultora Ana José Gallardo López, Xerocultora Vanesa González García, Xerocultora Ana Belén López López,Xerocultora Amparo Vazquez Taboada, Xerocultora M.ª Pilar Rodríguez Vázquez, Xerocultora Begoña López Somoza, PSX Laura Mosquera Quiroga, PSX Nerea López González, Terapeuta Ocupacional Álvaro Pérez Fernández, Fisioterapeuta M.ª Susana Cajide Buján, Psicóloga M.ª Pilar Míguez Rodríguez, Traballadora Social/ Directora